Información xeral

  • As presentes disposicións regulan o uso do servizo do Portal Web GaliciaNomeada (en diante, o “Portal Web”) que a Xunta de Galicia pon a disposición dos usuarios de internet.

  • O contido facilitado a través deste Portal Web emítese con efectos simplemente informativos. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Xunta non garante a inexistencia de erros no contido deste Portal Web, nin que se atope totalmente actualizada.

  • A Xunta non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas no Portal Web con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.

  • A Xunta non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas sobre as que non se ten ningún control, debendo o usuario deste Portal Web, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas das devanditas ligazóns.

  • A Xunta resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.

Propiedade intelectual e industrial

  • Os dereitos de propiedade intelectual deste Portal Web e dos seus elementos contidos son titularidade da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

  • A información dispoñible neste Portal Web, está sometida a dereitos de copia. A información susceptible de reutilización está presente a través do portal https://www.xunta.gal. A información que a Xunta de Galicia proporciona a través do portal https://www.xunta.gal permite a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:

  • Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido da información.

  • O usuario queda obrigado a citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización.

  • Esta licenza non reduce ou restrinxe os dereitos exclusivos do titular dos dereitos de propiedade intelectual, tales como o deseño do Portal Web e códigos fonte, marcas, nomes comerciais, logos ou signos distintivos, de acordo coa Lei de propiedade intelectual ou calquera outras leis aplicables.

  • Con estes servizos preténdese fomentar o acceso dos cidadáns á información relativa ás iniciativas e servizos da Xunta de Galicia, facilitando aos cidadáns as súas relacións coa Administración xeral e do sector autonómico de Galicia.

Política de Cookies

O Portal Web emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como persoa usuaria, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste Portal Web poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Devandito isto, é preciso ter en conta que una mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookies segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

- Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web.

- Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web que creou esa cookie.

Tipos de cookies segundo a entidade que as xestione:

- Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do Portal Web por parte das persoas usuarias.

- Cookies de terceiros: para o caso deste Portal Web, aquelas que se envían desde un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookies segundo a súa finalidade:

- Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario/a polo Portal Web e o uso dos servizos dispoñibles nel.

- Cookies analíticas: aquelas que permiten a medición e a análise do comportamento das persoas usuarias no Portal Web co fin de introducir melloras nel.

- Cookies de preferencias: aquelas que permiten lembrar información e personalizar a experiencia das persoas usuarias como, por exemplo, o idioma escollido.

Descrición das cookies

Este portal emprega as seguintes cookies propias (cada portal web deberá completar esta táboa coas cookies reais que estean a empregar):

Transferencia Internacional de datos de cookies propias con transferencias internacionais.

Este Portal Web emprega as seguintes cookies:

Tipo de cookie

Cookie

Finalidade

Política

Propia

JSESSIONID

Manter activa a sesión da persoa usuaria e no idioma seleccionado

GaliciaNomeada - Política de cookies

Propia

ROUTEID

Manter activa a sesión da persoa usuaria e o servidor que responde

GaliciaNomeada - Política de cookies

De terceiros (Google)

_ga

Uso e estatísticas do sitio web

Google Analytics - Protección de datos

Política de privacidade e protección de datos persoais

En cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos persoais, o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD) así como a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), informámoslle a continuación dos seguintes aspectos:

Quen é o responsable do tratamento?

O responsable do tratamento é a Secretaría Xeral Técnica de la Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude (en diante, a Consellería) con domicilio en Edificios administrativos - San Caetano, s/n, 15781, Santiago de Compostela (A Coruña), web: https://culturaeducacion.xunta.gal/portada

Quen é o/a delegado/a de protección de datos?

Pode contactar cos Delegados e Delegadas de protección de datos na seguinte ligazón: Delegados/as de protección de datos - Xunta de Galicia

Finalidades, bases de lexitimación e datos recompilados

As persoas usuarias poden optar por utilizar a aplicación sen rexistrarse, tendo acceso ao contido que se atope nesta sen poder realizar ningunha achega. Pero tamén existe a opción de que as persoas usuarias se rexistren para poder comunicar os topónimos que coñezan. Esta aplicación recolle datos persoais que se detallan máis abaixo.

O perfil da persoa usuaria que se rexistrou poderá eliminarse en calquera momento. Unha vez eliminada a conta, os datos das persoas usuarias non estarán visibles dentro da aplicación.

A Consellería levará a cabo o tratamento dos datos na súa condición de responsable para as finalidades e de acordo con as bases de lexitimación mostradas a continuación:

- O tratamento é necesario para o cumprimento dunha misión realizada en interese público fundamentada na Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.

Os datos persoais solicitados e tratados correspóndense coas categorías seguintes:

- Datos identificativos e de contacto: nome e apelidos, correo electrónico, teléfono de contacto.

De xeito optativo pode tratar datos de características persoais: provincia, profesión, estudos e asociación e tamén, no seu caso, datos de localización no caso de que se outorguen os correspondentes permisos.

Os datos das persoas que se rexistren serán utilizados coa finalidade de dar de alta á persoa usuaria e permitir o acceso ás diversas funcionalidades do Portal Web.

Prazo de conservación dos datos

Os datos facilitados polas persoas usuarias serán conservados ata que estas exerciten o seu dereitos á supresión dos datos ou ata que eliminen a conta na aplicación. Unha vez eliminada a conta, os datos das persoas usuarias non estarán visibles dentro da aplicación. Se as persoas usuarias crearon un topónimo valido, eliminaranse os datos do creador quedando ese topónimo asociado a un usuario xenérico. Se as persoas usuarias crearon un topónimo non validado todos os datos serán eliminados do sistema.

Cesión ou comunicacións dos datos

Os datos recolleitos no formulario de rexistro serán comunicados á Real Academia Galega para a tramitación do usuario e a comprobación dos topónimos.

Dereitos garantidos en materia de protección de datos persoais

As persoas interesadas poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso, rectificación, limitación e supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Se desexa consultar máis información sobre o exercicio de dereitos pode facelo en: Dereitos das persoas interesadas respecto dos seus datos persoais - Xunta de Galicia

Modificación da Política de privacidade

A Consellería resérvase o dereito de modificar en calquera momento a súa política de privacidade respectando a lexislación vixente en materia de protección de datos. Recomendámoslle que revise a política de privacidade con certa periodicidade.

Normativa básica aplicable

Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD): norma de aplicación directa en toda a Unión Europea, relativa á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos.

Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD): norma que ten por obxecto a adaptación do ordenamento xurídico español ao RXPD, completar as súas disposicións e garantir os dereitos dixitais.

Máis información

Pode ampliar esta información pulsando aquí