Cambio de localización

Cruceiro da Torre

Latitude: Longitude:

Suxerir cambio Cancelar

Cruceiro da Torre
Entidades humanas Elementos de interese cultural Cruceiro / Cruz / Peto de ánimas
Louredo (San Xoán), Cortegada - Ourense
2020-03-15
/o kɾu'Θejɾo da 'tore/

Cruceiro de fuste octogonal, cruz sen imaxes, co pedestal con inscripcións ilexibles, situado no barrio da Torre. OS maiores cren que é o cruceiro máis antigo de Louredo e, quizás, foi modelo para os outros dous (Tabolado e Alfarrapa). Como detalles coñecidos, dicir que este cruceiro localizábase un pouco máis alá de onde está hoxe, pero como se tivo que ensanchar unha estrada e xa que o propietario ("O Grilo") do lugar onde se colocou non protestou, quedou aquí. Orixinalmente estaba sobre unha pedra, con tres chanzos na súa parte inferior, nunha curva que hoxe existe, onda a casa "da Raiana", a un paso da "tenda da Lurdes", hoxe pechada. Na súa base atópanse inscricións ilexibles hoxe, ou case. Se non en dous dos seus lados, quizais tres deles as tivesen. En canto ás devocións, aínda se recorda como, no seu lugar orixinal, foi motivo de parar e rezar durante unha Santa Misión, quizais no tempo do párroco don Esteban Viso Rodríguez. Desde a igrexa chegábase por un estreito camiño inda en uso. Non tiña nin tiña imaxes e algunha historia relaciónaa coa cura do "enganido", que consistiría en que a nai levase ao seu fillo, afectado por un mal preternatural, atado. Tamén levaría un coitelo. Ao pé do cruceiro, agardaría a que pasase o primeiro transeúnte, a quen, en silencio, lle daría o o coitelo e presentaría ao seu pequeno. A misión do transeúnte sería cortar os lazos da criaturiña e esta curaría. Ver máis en: 1. https://delouredo.blogspot.com/2018/09/notas-sobre-os-cruceiros-de-san-xoan-de.html 2. https://flic.kr/p/TgcNpw 3. Elemento 2-3 das fichas patrimoniais do PXOM do concello de Cortegada, ano 2012, páxina 4 de http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CORTEGADA/documents/27627ca003.PDF