O templo parroquial de san Xoán de Louredo está adicado a san Xoán bautista, sendo a festa patronal o 24 de xuño, data precedida de novena. Algunha vez se celebrou novena, tamén, para celebrar o día do martirio, o 29 de agosto, pero o normal é que se celebre Misa ese día, sen máis. A parroquia pertence ó arciprestado de Ribadavia, sendo parte do de Cortegada anteriormente. Foi no 2013 cando este desapareceu e se pasou a aquel, na última reforma arciprestal diocesana, baixo o pastoreo de monseñor Leonardo Lemos Montanet. De sinxela feitura, consta de unha sola nave, con espadaña sobre porta maior, con espazo para dúas campás, e dous pequenos locais a ambos lados do presbiterio, sendo un a sacristía e o outro un almacén. As campás levan dous anos diferentes: a grande é de 1923, mentres que a pequena é de 1953, sendo o fundidor Malingre (desde mesmo ano e fundidor é a estatua de bronce dedicada a monseñor Francisco Blanco Nájera, sita no claustro do Seminario Maior de Ourense). Segundo testemuña da época, as dúas campás eran do 23, pero a pequena rachou e refundiuse. Nos laterais do templo sobresaen dous contrafortes. Tres son os retablos, de factura local, da man do artista de Remuíño, José "O Choio". En carta do 4 de xullo de 1913, publicada no Boletín diocesano, o rvdo. Constantino Rodríguez dá unha serie de interesantes datos: que a igrexa é de nova construción, que foi inaugurada o día da festa de san Xoán, que se trasladaron imaxes de santos e o Santísimo desde a vella igrexa á nova, que a construción desta levou 6 anos,... Tal festexo foi recollido por algúns periódicos da época, en brevísimas notas.
Igrexa de San Xoán de Louredo
Entidades humanas
Elementos de interese cultural
Edificio relixioso (igrexa, capela, ermida...)
Louredo (San Xoán),
Cortegada -
Ourense
2020-03-15
/a i'glesia de saŋ ʃo'aŋ de low'ɾedo/