Cambio de localización
Cruceiro de Refexón ou do TaboladoLatitude: Longitude:

Fueste octogonal, pedestal sen inscripcións, cruz sen imaxes. Situado na confluencia dos camiños e lugares: Louredo, Refexón e Tabolado. Del cóntase a historia daquel louredés que baixaba a Remuíño, cargado co saco do gran, e que viu a un home quentándose ó lume. Pasou sen saudalo e o home da fogueira díxolle: se non me saúdas a min, alomenos saúda ó que teño ó lado (referíndose ó cruceiro). Cando regresou o louredés nin atopou a aquel misterioso ser nin restos de lume ningún. Un pouco máis vos conto en https://delouredo.blogspot.com/2019/08/el-demonio-en-el-cruceiro-de-o-tabolado.html Elemento 2-2 das fichas patrimoniais do PXOM de 2012, páxina 3 de http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CORTEGADA/documents/27627ca003.PDF