Cambio de localización

Peto de Ánimas de Louredo

Latitude: Longitude:

Suxerir cambio Cancelar

Peto de Ánimas de Louredo
Entidades humanas Elementos de interese cultural Cruceiro / Cruz / Peto de ánimas
Louredo (San Xoán), Cortegada - Ourense
2020-03-16
/o 'peto 'danimas de low'ɾedo/

Situado no barrio de Louredo, a uns 200 metros do cruceiro do Tabolado. Dispuña de varios elementos que hoxe non viste, algún perdido e outros gardados por un veciño: cruz central, dous pináculos ós lados, todo en pedra; rexa de ferro e peto para as esmolas. Estes monumentos veñen a concretar, en duradeira pedra, dogmas que o Concilio de Trento remarcou e que a prédica actual recorda. Tamén están en sintonía coa crenza popular nos espíritos dos defuntos e a súa posible comunicación cos vivos. Aquí temos unha composición a tres alturas: as dúas inferiores, ánimas entre chamas, distinguindo as de arriba, a punto de alcalzar o escapulario da Virxe do Carme; na superior, tres imaxes santas: un anxo no centro (cabeza con ás), coa Virxe á súa dereita e un santo á esquerda (a Virxe do Carme e santo Antón de Padua?). De pequenos aprendiamos que ó pasar diante podiamos rezar algo e ofrecer polas ánimas o traballo ó que ibamos. Elemento 4-1 das fichas patrimoniais do PXOM do ano 2012.