Capela dedicada a San Xoán Bautist,a que foi usada para o rito católico ata a construción da igrexa actual. Esta capela está desacralizada e foi vendida, pasando por un par de mans diferentes dende entón, servindo ultimamente como palleiro. Algúns maiores aínda recordan que se enterraron aquí veciños da Raíña (pobo abandonado hoxe, preto de Piñón e Zaparín). No chan aínda se ven as laudas sepulcrais. Na ficha patrimonial do PXOM de Cortegada (o noso concello) atopo dous erros respecto desta capela: o primeiro é que non está situada no Outeiriño, senón no lugar de Louredo; a segunda é que di que a espadana está perdida, cando realmente está tirada na parte traseira da capela (ou, polo menos, alí hai restos que parecen dunha espadana co seu oco para unha campá). Vídeo do interior desde un ventanuco: https://youtu.be/Y3bsMYYCBVs
Capela Vella de Louredo
Entidades humanas
Elementos de interese cultural
Edificio relixioso (igrexa, capela, ermida...)
Louredo (San Xoán),
Cortegada -
Ourense
2020-03-17
/a ka'piʎa 'bɛʎa de low'ɾedo/
Aínda non hai audio da fonética para este topónimo.