Cambio de localización

Petróglifos de Ferradura

Latitude: Longitude:

Suxerir cambio Cancelar

Petróglifos de Ferradura
Entidades humanas Elementos de interese cultural Resto arqueolóxico (castro, mámoa, arca...)
Rabiño (San Bieito), Cortegada - Ourense
2020-03-18
/os pe'tɾoglifos de fera'duɾa/

Petróglifos situados sobre unha rocha case enterrada. Son 3 pares de formas de ferraduras (prehistóricas) e un risco en forma de V xunto cunha recta (quizás ambas modernas). A pedra soe quedar oculta debido ás follas que lle caen en outono. Queda por riba dun vello paso entre Louredo e O Rabiño, pasando pola Granxa. Copiado da web do concello de Cortegada: "En Louredo consérvase o Petróglifo da Ferradura onde se poden observar seis pequenas ferraduras colocadas por pares. Estas manifestacións artísticas son propias da cultura da idade do Bronce que se desenvolveu en Galicia durante o III e II milenio a. C. Ó final desta etapa constrúense os primeiros castros, asentamento que se xeneralizará durante a Idade do Ferro, época na que se desenvolve en Galicia a Cultura Castrexa (finais do Bronce s. VII a. C), esta supón a aparición dun tipo específico de asentamento: o castro e por ende, os primeiros asentamentos verdadeiramente estables. Todo o territorio galaico está balizado por este tipo de asentamentos, o núcleo de Louredo, no norte de Cortegada pode estar asentado nun Castro localizado no Monte "Chanduzal", máis tarde romanizado." Complementar coas liñas dedicadas ó concello en http://onosopatrimonio.blogspot.com/2011/07/petroglifos-de-galiza-ii.html