Non se usarán abreviaturas:A Corred. dos Nabais - A Corredoira dos Nabais
Escribiranse os xenéricos sempre que os pronuncien: O Monte do Pedroso / O Pedroso
O artigo forma parte do topónimo, é moi importante recollelo. Para comprobar se o usan na fala espontánea, convén facer preguntas coa preposición EN: vive en Outeiro? / vive no Outeiro?...
Os castelanismos non se corrixen: A Leira da Carretera, Os Eidos da Iglesia...
Respectaranse as variantes morfolóxicas propias de cada área dialectal: Os Poulóns / Os Poulós / Os Poulois; Pazo / Pacio; Rebordechán / Rebordechao...
Os nomes xenéricos como ponte, fonte, regueiro, camiño, corredoira, muíño, capela, areal, con, penedo..., que forman parte de topónimos compostos, deberían escribirse con inicial maiúscula e con artigo sempre que a xente o use. Exemplos: A Fonte da Perguiza, Pena dos Mouros, O Camiño do Ribeiro, A Ponte da Barcia, Ponte das Poldras, O Muíño dos Varela, Regueiro da Cova...
INFORMACIÓN
Como representar a fonética dos topónimos?
Símbolo
Descrición
Topónimo
Fonética
ä
Vogal aberta central palatalizada
Camariñas
[cämäriñas]
E
Vogal anterior de grao medio aberta
A Portela
[a portEla]
e
Vogal anterior de grao medio pechada
O Penedo
[o penedo]
O
Vogal posterior de grao medio abierta
A Corga
[a cOrga]
o
Vogal posterior de grao medio pechada
O Porto
[o porto]
gh
Gheada
A Veiga
[a veigha]
s
Seseo
A Bouciña
[a bousiña]
R
Rotacismo
As Lamas
[aR lamas]
X
Palatalización del -s final
As Pozas
[äX posäX]
S
Despalatalización del x
A Agra da Xesta
[a'ghra da Sêsta]
J
Consoante fricativa prepalatal sonora
A Xunqueira
[A Junqueira]
Z
s sonora
A Poceira
[a poZeira]
'
Apóstrofe para casos de fonética sintáctica
O Lugar de Abaixo
O Espiñeiro
Os Soutos
As Rozadas
[o lugar d'abaixo]
[o'spiñeiro]
[o'soutos]
[a'rozadas]
ATENCIÓN
ATENCIÓN
A túa corrección foi enviada con éxito. Moitas grazas pola túa participación.
ATENCIÓN
Para poder enviar suxestións de correccións debe iniciar sesión no sistema.