
Información de Rafaeliux: No lugar atópase unha pequena mina de extracción para material descoñecido (tal vez arxila, xa que arredor existen os topónimos de a Tella e a Telleira). // Información de DeLouredo: A Buratiña é un topónimo que o padre Sarmiento recolle nas súas notas sobre a viaxe que fixo por Galicia no 1745. Pasou por aquí, tras atravesar parte do Ribeiro, A Arnoia, Remuíño, subir a costa de Refexón, atravesar Louredo e coller cara Refoxos, para despois continuar camiño a Celanova. Dependendo de se lle preguntas ós maiores ou se consultas o visor en liña de Catastro, é unha zona boscosa e dalgunhas vellas viñas que se extende desde A Tella ata A Pista ou se concentra en dous anacos partidos pola estrada de entrada a Louredo, ó ladiño da Tella. Sexa como for, Buratiña ben pode facer referencia a unha cova pequecha. E eso lévanos a un descubrimento recente, que eu coñecín por meu irmán. O dunha cova de escasa extensión, pero ben accesible, no monte cercano ó vello transformador da serrería; entre este e a nave de materiais de construción do Carmelo ("O Perricho"). A cova da Buratiña, da que ós que preguntamos nada sabían, ten unha entrada en descenso que permite o paso de calquera, logo xa te tes que encoller e podes tirar uns metros, ata chegar ó fin do corredor principal.
Subido por: DeLouredo