Cambio de localización

A Cerrada do Cotroliño

Latitude: Longitude:

Suxerir cambio Cancelar

A Cerrada do Cotroliño
Terras Arboredo Bosque autóctono (carballeiras, soutos, bosque de río...)
Louredo (San Xoán), Cortegada - Ourense
2022-11-11
/a Θe'rada do cotɾo'liɲo/

Monte particular, pechado por un muro baixo de pedra, con porta cara ao camiño (realmente, un vano no muro, non ten peche). O atento persoal da Real Academia Galega, vía Twitter, explicoume a posible orixe e significado do topónimo, do que ofrezo este extracto: "O topónimo "Cotroliño" é moi probable que sexa é un diminutivo de "Cotro", pero tampouco podemos descartar que se refira ao paxaro que nalgúns lugares de Galicia chaman "cotrolío" ou "cotrolía", incluso "cotrola", pero esta segunda opción é menos verosímil. Por tanto, estamos ante un composto da raíz oronímica perromana *COTT- 'altura, elevación' e mais o sufixo átono -aro. Ao igual que o topónimo "Coto", designaría un lugar que está situado nun outeiro."