Cambio de localización

Cruceiro da Alfarrapa

Latitude: Longitude:

Suxerir cambio Cancelar

Cruceiro da Alfarrapa
Entidades humanas Elementos de interese cultural Cruceiro / Cruz / Peto de ánimas
Louredo (San Xoán), Cortegada - Ourense
2022-11-24
/o kɾu'Θejɾo da alfa'rapa/

Restos do vello cruceiro da Alfarrapa. Este cruceiro caeu por un accidente cun carro de bois. Recolléronse os anacos e puxéronse aquí, na que era a viña do cura (veciño e párroco de Louredo, don Esteban Viso Rodríguez). Non chegou a refacerse, senón que outro veciño, don Juan Míguez, ofreceuse a pagar e traballar un novo cruceiro, o que se ve hoxe na Alfarrapa. É o mesmo home que construíu o do Tabolado. Estes anacos revisten grande interese porque serían os do cruceiro máis antigo de Louredo e son os únicos con imaxinería: Cristo na cruz, ós pés a Virxe e san Xoán, xunto cunha caveira. Actualmente, o cruceiro máis antigo sería o da Torre, sen autor coñecido e modelo dos da Alfarrapa e Tabolado. Actualmente, estes restos son moi visibles nun cruce da zona do Pireiro. Por aquí pasa un roteiro (Terras de Cortegada) entre Louredo e Meréns, que comeza metros atrás, na praza do Tabolado, onda a antiga escola do pobo, hoxe centro social. Mantéñense limpos gracias ós donos da viña, que teñen o terreo cultivado e o muro sen silvas nin herba.