
Pedradas
Terras
Terreo mixto (parte de cultivo con parte de arboredo, matogueira...)
Louredo (San Xoán),
Cortegada -
Ourense
2023-03-26
/pɛ'dɾadas/
Campos duns poucos propietarios, situados entre as casas do Outeiro - A Laxa e a Poza de Pedradas. Parte quedan para pasto, pero as máis cercanas ó Outeiro áranse e cultívanse: millo, patacas, horta, flores... Quero destacar a presenza de varias pedras talladas en época contemporánea (calaveras, guerreiros galaicos, un pote...) por un veciño autodidacta.