As Mirandas, Illas das Mirandas ou Penas das Mirandas son unhas laxes de xisto verticais que sempre sobresaen do mar, non as cobre a marea. Nas cartas náuticas de Juan Patricio de 1788 e Miguel de la Puente, 1789, indícase: "Miranda Pequena, Miranda Grande e pedras sarredes dela". "Sarredes", como adxectivo, suxire arredes/arredas, tendo en conta a mudanza do "a" por "e" usual en galego (contenta/contente, avarenta/avarente, lapido/lapide... etc) Lenda da serea das Mirandas: https://www.youtube.com/watch?v=IrDKijxGooA e https://chanteiro.blogia.com/2008/011301-as-illas-mirandas-de-ares.php. Lenda das Mirandas: “Alí, na superficie do mar agromaban dous farallóns, un máis grande e outro máis pequeno e bicudo. Deles se dicía que foran barcas de peregrinos que vindo a entrar na ría de Ferrol, os ventos de poñente botáronnos cara dentro do golfo ártabro, e foron a pique, pero o señor Santiago gardoulles as vidas deixando nos farallóns a obra morta da barca convertida en pedra, e virada, e o mastro, que a erosión deixou na máis bicuda que vemos hoxe.” Fonte: Javier Vilasánchez Martínez. Xaneiro 2020 Fonte do nome: Traballo de campo “As Nosas Ribeiras”. 2021. Francisco A. Mayobre Toimil (Kiko de Cervás). Informantes: Mariñeiros, pescadores e veciños de Ares, Cervás, Chanteiro e Mugardos, destacando aos informantes Felipe Rebón, Andrés Pedre e Paulino Cartelle (Linos).
As Mirandas
Accidentes costeiros
Illa